jueves, 30 de septiembre de 2010

Dia 22

Funcións máis habituais en EXCEL.
 O concepto de RANGO: dise de un conxunto de celdas que limitan unhas con outras, ben de xeito horizontal, ben de xeito vertical. Para nomealos indicase a celda na que empezan, seguido de ":" e a celda na que rematan, p.e. A1:B4
O estudio de funcións é un dos temas máis importantes en Excel. Durante o curso veremos as máis comúns. Entre elas a máis usual é "SUMA" que permite sumar valores, ou os valores nun rango de celdas.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Dia 21

A pesares dos atrancos xerados por mor da folga xeral convocada en todo o país para a xornada de hoxe, a clase ten lugar sen maiores problemas.
Dentro do Excel escomezamos a facer pequenas operacions relacionando celdas entre sí, os seus valores, etc. Tamén pequenos cálculos combinando varias celdas.

martes, 28 de septiembre de 2010

Dia 20 - Excel

Damos paso o sistema de folla de cálculo que aporta MS Office 2007: Excel 2007. Como primeira aproximación vimos a distribución en celdas, follas e libros que fai Excel dentro dos seus arquivos.
Tamén vimos que unha celda pode ter por un lado, un valor e por outro unha expresión que xere ese valor. De xeito que, unha mesma celda pode ter un valor de 15 por que nós lle damos ese valor ou ben por que ese valor é o resultado de =30-15.


lunes, 27 de septiembre de 2010

Dia 19

No tema de hoxe vimos os gráficos como posibilidade dentro de Word, se ben son basados en Excel. Tamén escomenzamos a traballar no tema de marxes e na configuración da impresión mediante a vista previa.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Dia 18

Insertamos diversos obxetos no documento de Word, como imaxes predeseñadas esquemas, WordArt e SmartArt que é unha das principais melloras de Word 2007 a hora de facer esquematizacións. Como exemplo fixemos esta do gazpacho.


jueves, 23 de septiembre de 2010

Dia 17

Formatos de fontes en Word. Cómo crear documentos con taboas ocultando os bordes.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Dia 16

A primeira hora tivemos a proba de avaliación do tema 2 de Transmisión de Datos. Adicamos o resto da maña a ver distintos xeitos de facer taboas en Word.

martes, 21 de septiembre de 2010

Día 15

Microsoft Word é un procesador de textos no que estivemos a traballar nas partes de Formato e Párrafo. Tamén vimos como crear cartas comerciais e de acompañamento o curriculum Vitae.


lunes, 20 de septiembre de 2010

Día 14 - Empeza Office.

Hoxe adicamos a primeira parte da clase a repasar os conceptos que vimos o longo da parte adicada a Redes.
Tamén instalamos Office 2007 e empezamos a ver as primeiras opcións da "cinta de opcións" de MS Word 2007.

viernes, 17 de septiembre de 2010

Día 13

Hoxe vimos algúns dos comandos de consola de Windows máis empregados nas redes como son o PING, IPCONFIG, NTSTAT, NBTSTAT e NSLOOKUP facendo distintas probas para entender o seu funcionamento.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Día 12

Finalizamos o tema de Wireless coa explicación dos distintos tipos de seguridade que se poden implementar na rede: WEP, WPA, e WPA2 así como os servidores de autenticación RADIUS.
Programa de xestión de esquemas de rede: LANFLOW da empresa PaceStar e tamén o Fing4 o que antes era Look@LAN, fixemos diversas aplicacións de estes dous softwares.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Dia 11

Nos entornos de Wireless fixemos hoxe unha aproximación o tema de AUTENTICACIÓN facendo diferencias entre redes que non teñen autenticación, autenticación por clave compartida e autenticación externa (Radius).
Introducción o concepto de Firewall que permite o filtrado de comunicacións entre dúas redes cortando ou permitindo a circulación a través dos portos de rede.

martes, 14 de septiembre de 2010

Dia 10

Hoxe empregamos un Router D-Link modelo DIR-300 para ver as funcionalidades básicas dos routers facendo de separación entre dúas redes. Recordemos que un Router ten dúas IPs en rangos distintos que poden facer de separadores entre as redes que unen.

lunes, 13 de septiembre de 2010

Dia 9

Introducimos hoxe o concepto de Esquema de rede e a súa utilidade. Fixemos unha primeira aproximación o sistema DNS e o seu funcionamento.
Entramos nas aplicacións de rede vendo o que permite o comando PING, e o acceso a carpetas tanto a nivel de NETBIOS (\\NOMBREEQUIPO) como TCPIP (\\IP).
Primeiro contacto tamén co concepto de Usuario e Clave así como do seu rol dentro da seguridade da rede.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Dia 8

Dentro do cálculo de IPs vimos como pasar a binario números de IP escritos en decimal, o concepto de máscara de sub red e a súa aplicación dentro do esquema da rede.
Tamén nos centramos no papel do router, como funciona con unha IP pública e outra privada, dividindo as redes. Concepto de "Porta de Enlace".

jueves, 9 de septiembre de 2010

Dia 7 - Empezamos Redes

Hoxe finalizamos o tema 1 relativo a compoñentes do sistema e sistemas operativos para empezar co tema 2, adicado as redes.
Dentro do estudio das redes vimos as distintas topoloxías que teñen as redes (Bus, Anel, Estrela, Arbore, Malla) e a sua clasificación de acordo o seu alcance (PAN, LAN, MAN, WAN).

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Dia 6

Hoxe vimos programas incluidos por defecto en Windows como Bloc de Notas, Paint, Wordpad. Tamén explicamos a distribución do teclado e o emprego das teclas especiais. (Ver Gráfico).


martes, 7 de septiembre de 2010

Dia 5

Hoxe vimos un vídeo relativo a aspectos xerais dos ordenadores e superordenadores, a evolución da informática. Tamén temos xa conceptos como carpeta ou arquivo. Organización das carpetas en forma de árbore de información, como crear carpetas, e operacións como cambio de nome, mover carpetas e arquivos.


lunes, 6 de septiembre de 2010

Dia 4

Configuración de Sistemas operativos Windows. Secuencua de arranque, Bios - Boot.Ini - NTLDR - NTDETECT - LOGIN. Diversas pantallas principais como o administrador de dispositivos.

Driver o Controlador: Software que permite que o equipo se comunique correctamente co dispositivo o cal controla. Os sistemas operativos teñen uns drivers xenéricos que permiten interactuar coa maioría dos dispositivos, pero sempre é mellor poñer os controladores indicados polos fabricantes.

viernes, 3 de septiembre de 2010

Dia 3

Sistemas operativos. Instalación de Linux Ubuntu que é un sistema gratuito. Vimos as opcións básicas de configuración, como divide o disco duro en partes (Swap Partition) e como funciona en xeral (sistema de múltiples escritorios e aplicacións comúns).

Sistemas Operativos. Instalación de Windows. Como se instala Windows 7, principais problemas nas instalacións (discos duros SATA tratados como IDE), proceso de instalación en xeral.

jueves, 2 de septiembre de 2010

Dia 2

Hoxe falamos sobre o funcionamento interno do disco duro, as partes nas que se compón. Tamén sobre a Bios e os seu papel como elemento configurador do equipo en baixo nivel. No plano práctico montamos o  DVD e mais un lector de multiples tarxetas e tamén vimos como mide un multimetro as diferentes voltaxes que se acadan dentro do equipo.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

O Noso PC.

Xa temos un ordenador medio montado. E todo isto nunha mañá. Non está nada mal. Fixemos un percorrido polos principais compoñentes do ordenador explicando o seu funcionamento o tempo que íamos ensamblando o equipo; o remate da xornada tiñamos un bonito Intel Dual Core a 2,4 GHz funcionando.

Cousas que debes lembrar: bit, byte, kilobyte, megabyte, gigabyte, terabyte, Hertzio, CPU, Bus, Disco Duro, Ram, BIOS, resolución.

Benvidos.

Primeiro día de clase no curso e xa temos un montón de cousas que contar.

Tivemos o acto de inauguración do curso a cargo de D. Manuel Fontán director do centro ALFAMETA que fixo unha introducción xeral para xa pasar a recollida de documentación a cargo de Lorena Pujales, responsable de administración.

Se ben tivemos un par de baixas de última hora agardamos poder ocupar eses postos o mais axiña posible a fin de non retrasar o avance do curso.